Antena 5 Radio denuncia interferencias de Radio Redondela

Marzo 28th, 2007

A emisora Antena 5 Radio de Vigo denuncia hoxe no diario Faro de Vigo as interferencias que produce na súa frecuencia (94.40 FM) a programación da Radio Municipal de Redondela, que ademais de emitir na súa concesión administrativa (94.90 FM), tamén utiliza o 94.40 FM no interior do casco urbano. O director da emisora viguesa, Manuel Outerelo, asegura que o uso da súa frecuencia en Redondela pola radio municipal estalle causando importantes prexuízos, tanto económicos como de difusión, posto que impide que os redondelanos poidan escoitar o seu programación. Ademais, segundo explica, as interferencias afectan tamén ata á parroquia de Chapela e zonas de Vigo como o barrio de Teis. Manuel Outerelo recorda que Antena 5 Radio leva emitindo desde 1996 na frecuencia 94.4 FM, polo que solicita aos responsables da radio redondelana que só utilicen a súa frecuencia oficial (94.90 FM) ou, se queren duplicala, que usen unha que non interfira con outras radios da comarca. O responsable de Antena 5 Radio afirma levar máis dun ano reclamando ao Concello de Redondela unha solución ao problema, pero ante a falta de resposta, recorreu á Secretaría de Estado de Telecomunicaciones.

Leer mais »

Primeiro fallo do TSXG a favor de Televigo

Febreiro 24th, 2007

No Diario Oficial de Galicia publicouse esta semana un anuncio no que se dá conta que o TSXG admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo interposto por Televigo contra a resolución do Consello da Xunta, pola cal adxudicáronse licenzas de televisión digital de cobertura local na demarcación de Vigo a empresas de Faro de Vigo, Atlántico e Localia e ningunha a Televigo. O Tribunal Superior, segundo recoñece o anuncio da Consellería de Presidencia, emitiu varias providencias, admite o recurso e por iso terá que remitirlle todo o expediente administrativo que Televigo denunciou. No anuncio tamén se dá por notificado do proceso ás empresas afectadas, propietarias de Faro de Vigo, Atlántico e Localia, que pretenden abrir unha canle de televisión local dixital en Vigo e lles emplazan a comparecer ante o Tribunal de Xustiza, antes do 22 de febreiro como parte nos autos. Lembremos que Televigo foi excluída do concurso no acto público de apertura de ofertas técnicas celebrado o día 16 de xuño de 2005 durante a ultima etapa da lexislatura anterior, co Goberno do Partido Popular en funcións; pola non presentación en tempo e forma dun documento preceptivo denominado Anexo V.

Novos programas nas emisoras de Loca FM

Febreiro 7th, 2007

Para este luns 5 de febreiro estaba anunciado o comezo da nova programación de Loca FM Galicia, programación que como novidade terá dous programas en emisión rexional. O primeiro comeza as 12.00 horas apresentado polo locutor vigués Oliveira baixo o orixinal nome De casi todo un poco onde combinará durante 2 horas música xoven con información, deporte, cultura, cotilleos e política. Máis tarde, ás 14.00 horas chegará o locutor David Expósito co programa Fórmula Loca onde durante outras 2 horas emitirá as novidades da música de baile xunto con información das últimas noticias e o estado das estradas e accesos ás grandes cidades de Galicia. Loca FM Galicia pertence ao Grupo Galicia Media Comunicación, dirixido por Ignacio Porta e conta con 7 emisoras repartidas polo territorio galego empregando frecuencias de modo ilegal sen concesión.

nPhasis, novo programa de música electrónica en Antena 5 Radio

Xaneiro 14th, 2007

O próximo xoves 1 de febreiro comezará, nPhasis, un espacio de música electrónica de 2 horas de duración na frecuencia de Antena 5 Radio (94.40 FM) realizado polo vigués Evan Synth. Ao programa non lle faltan folgos facendo unha declaración de intencións como “intentará dotar a Vigo del primer programa metropolitano propiamente dicho de música electrónica“, tal vez se lles esqueceu citar o venerado A Etiqueta de Chíu Longina e cía en Radio ECCA de Vigo, ou tal vez a sua xuventude e inexperiencia non lle proporcionou a posiblidade de escoitar un anaco deste último. De calquera modo, sorte non lle vai faltar a este novo candidato a lidiar cos cantos de serea de Manuel O.P.

O programa Voces de Vigo emítese en directo dende O Calvario

Xaneiro 11th, 2007

Este venres 12 de xaneiro, a partir das 9 da mañá o programa local de Radio Voz (103.8 FM Vigo), Voces de Vigo, conducido por Pablo Carballo, realizarase en directo dende o mercado vigués de O Calvario.

Radio Vigo galardonada co Premio de publicidade en galego 2005

Decembro 13th, 2006

Radio Vigo obtivo o Premio de Publicidade en Galego 2005 por unha cuña promocional da Volvo Ocean Race 2005-2006. No acto, que se desenvolveu o pasado luns 11 de decembro en A Coruña, José Luís García Casasnovas, presidente do Consello Asesor de RTVE en Galicia, entregou o galardón a Salvador García (xefe de Programas e Emisións) e a Marian Priego (responsable de Produción) en representación de Radio Vigo comunicación. Leer mais »

Televigo recurre a adxudicación das licenzas dixitais de TV

Novembro 17th, 2006

Televigo presentou hoxe un recurso contencioso administrativo contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia de conceder provisionalmente as licenzas de televisión dixital. Segundo o gabinete xurídico contratado, García de Enterría, se denuncian unha serie de irregularidades que presuntamente se cometeron no Consello da Xunta durante o proceso de adxudicación. Lembremos, como xa contamos no seu momento, que Televigo foi excluída do concurso no acto público de apertura de ofertas técnicas celebrado o día 16 de xuño de 2005 , durante a ultima etapa da lexislatura anterior co Goberno do Partido Popular en funcións, pola non presentación en tempo e forma dun documento preceptivo denominado Anexo V. Leer mais »

Os directos de Loca FM en Vigo

Outubro 27th, 2006

A emisora de Loca FM en Vigo (98.0 FM) está durante os meses de outubro e novembro facendo emisións en directo dende exteriores, nos principais centros comerciais de Vigo, como principal actividade para darse a coñecer entre os vigueses. Así o pasado 20 de outubro estiveron no C.C. Prza Elíptica, o día 27 estarán no C.C. Travesía, os días 10 e 11 de novembro estarán no C.C. Gran Vía e os días 17 e 18 estarán no C.C. Camelias. Apuntado queda para os seus oíntes.

RNE suprime este luns a programación local en Vigo

Setembro 30th, 2006

RNE-5 de Radio Nacional de España, deixará o próximo luns 2 de outubro de emitir os boletins de información local de Vigo. Esta medida afecta a tódalas emisoras do ente público que teñen a consideración de locais, como é o caso de Santiago, tamén en Galicia. En Vigo, a nova programación reduciráse só a un boletín informativo provincial de 15 minutos de duración, que se emitirá entre as 9,15 e as 9,30 horas e que coordinará Radio 5 Pontevedra.

Rexurde a emisora de Radio Municipal de Nigrán

Setembro 22nd, 2006

Dende hai varios días está activada de novo a frecuencia da Radio Municipal de Nigrán nos 107.60 mhz de FM. Esta frecuencia estivo inactiva dende hai máis de 6 anos cando cesaron as emisións da radio televisión do Val Miñor, dende os desaparecidos estudios situados nas actuais instalacións do Centro Antena Municipal de Nigrán, en Panxón.
Leer mais »