Rexurde a emisora de Radio Municipal de Nigrán

Dende hai varios días está activada de novo a frecuencia da Radio Municipal de Nigrán nos 107.60 mhz de FM. Esta frecuencia estivo inactiva dende hai máis de 6 anos cando cesaron as emisións da radio televisión do Val Miñor, dende os desaparecidos estudios situados nas actuais instalacións do Centro Antena Municipal de Nigrán, en Panxón.

O equipo emisor, situado no monte de Donas (Gondomar), emite con portadora de RDS mostrando o PS “R. M. / NIGRAN / PRUEBAS”. As emisións están formadas pola repetición da sinal en cadena de Si Galicia Radio, con pequenas desconexións para publicidade local do Val Miñor e micro-cortes de información enlatados.

Como dato interesante, a cobertura da emisión da frecuencia de RM de Nigrán acada perfectamente toda a cidade de Vigo e parte da súa ría, proporcionando a presencia na cidade olívica a Si Galicia Radio que a perdera hai un ano cando a frecuencia ilegal que empregaba, 91.80 mhz de FM, foi arrendada a outra cadena, Vaughan Radio.

Leave a Reply