Televigo recurre a adxudicación das licenzas dixitais de TV
Televigo presentou hoxe un recurso contencioso administrativo contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia de conceder provisionalmente as licenzas de televisión dixital. Segundo o gabinete xurídico contratado, García de Enterría, se denuncian unha serie de irregularidades que presuntamente se cometeron no Consello da Xunta durante o proceso de adxudicación. Lembremos, como xa contamos no seu momento, que Televigo foi excluída do concurso no acto público de apertura de ofertas técnicas celebrado o día 16 de xuño de 2005 , durante a ultima etapa da lexislatura anterior co Goberno do Partido Popular en funcións, pola non presentación en tempo e forma dun documento preceptivo denominado Anexo V.
Os argumentos esgrimidos por Televigo para recurrir o concurso de adxudicación son, segundo publican eles, os seguintes:
- “el Consello de la Xunta se saltó a la torera, los plazos del proceso, adjudicando provisionalmente las licencias, fuera del plazo del concurso.”
- “Según la documentación de la propia Xunta en medio del proceso los pliegos de condiciones fueron alterados.”
- “La mesa de Contratación de la Xunta de Galicia propuso hasta dos veces declarar desierto el concurso, a raíz de números informes que ponían en duda puntuaciones y procedimiento.”
Nembargantes, no mesmo comunicado de Televigo se recoñece que:
-”A Televigo se le excluyó del proceso por no presentar a tiempo el anexo V. Los abogados demostrarán en los tribunales cómo sí se presentó en soporte informático, y como en cualquier caso, la administración tiene la obligación de conceder un plazo para subsanar este tipo de defecto de forma.”
Si recapitulamos toda esta telenovela cun calendario na man, veremos que non foi o goberno da actual Xunta de Galicia quen excluíu a Televigo do proceso, sinon o anterior goberno en funcións do Partido Popular. Pero este detalle o pasa por alto a empresa televisiva no seu comunicado que saltou directamente ao ataque contra o actual goberno galego por medio de descalificacións no seu momento, e que actualmente provocarian certa vergoña allea:
- “Televigo es el único medio de comunicación cien por cien de Vigo, independiente y que nunca se ha vendido a ningún partido. Esta última premisa ha contribuido, sin duda, a que el gobierno de la Xunta de Galicia, haya optado por adjudicar las licencias de las televisiones locales en digital a los medios más afines. Lógicamente todos ellos de fuera de Vigo y dirigidos por un madrileño, un asturiano y un ourensano; se repite tristemente la técnica aplicada a Vigo por el Partido Socialista obrero Español, con el AVE, el aeropuerto, las autopistas y todos los servicios de comunicación que contribuyen al ya trágico aislamiento de nuestra ciudad.”
É certamente curioso que o candidato local do PSOE á alcaldía de Vigo, Abel Caballero, teña un programa de televisión propio contratado na canle nas últimas semanas, por medio da Autoridade Portuaria de Vigo. ¿Que opinará Abel de todo isto? Televigo rachando tellas no seu tellado. Veremos en que devala este asunto nas próximas semanas ou meses, que semella que promete.