Radio Vigo galardonada co Premio de publicidade en galego 2005

Radio Vigo obtivo o Premio de Publicidade en Galego 2005 por unha cuña promocional da Volvo Ocean Race 2005-2006. No acto, que se desenvolveu o pasado luns 11 de decembro en A Coruña, José Luís García Casasnovas, presidente do Consello Asesor de RTVE en Galicia, entregou o galardón a Salvador García (xefe de Programas e Emisións) e a Marian Priego (responsable de Produción) en representación de Radio Vigo comunicación.
Entre máis de 80 cuñas participantes nesta edición, a cuña promocional da saída desde o porto de Vigo da Volvo Ocean Race 2005-2006, foi a máis valorada polos membros do xurado. Ademáis a empresa de comunicación viguesa
foi patrocinadora oficial da proba deportiva. O departamento de produción de Radio Vigo está gañando un merecido prestixio polo seu traballo, recoñecido xunto con éste por xa 6 premios nos últimos tempos.

3 Responses to “Radio Vigo galardonada co Premio de publicidade en galego 2005”

  1. Vigo Says:

    Felicidades por el premio

  2. túzaro Says:

    Hai que foderse, unha radio que só utiliza o galego pra chupar subvencións, así nos vai…

  3. túzaro Says:

    É penoso que lle dean tal premio a unha emisora cuia programación é case toda en castelán…

Leave a Reply