Primeiro fallo do TSXG a favor de Televigo

No Diario Oficial de Galicia publicouse esta semana un anuncio no que se dá conta que o TSXG admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo interposto por Televigo contra a resolución do Consello da Xunta, pola cal adxudicáronse licenzas de televisión digital de cobertura local na demarcación de Vigo a empresas de Faro de Vigo, Atlántico e Localia e ningunha a Televigo. O Tribunal Superior, segundo recoñece o anuncio da Consellería de Presidencia, emitiu varias providencias, admite o recurso e por iso terá que remitirlle todo o expediente administrativo que Televigo denunciou. No anuncio tamén se dá por notificado do proceso ás empresas afectadas, propietarias de Faro de Vigo, Atlántico e Localia, que pretenden abrir unha canle de televisión local dixital en Vigo e lles emplazan a comparecer ante o Tribunal de Xustiza, antes do 22 de febreiro como parte nos autos. Lembremos que Televigo foi excluída do concurso no acto público de apertura de ofertas técnicas celebrado o día 16 de xuño de 2005 durante a ultima etapa da lexislatura anterior, co Goberno do Partido Popular en funcións; pola non presentación en tempo e forma dun documento preceptivo denominado Anexo V.

Leave a Reply