Antena 5 Radio denuncia interferencias de Radio Redondela
A emisora Antena 5 Radio de Vigo denuncia hoxe no diario Faro de Vigo as interferencias que produce na súa frecuencia (94.40 FM) a programación da Radio Municipal de Redondela, que ademais de emitir na súa concesión administrativa (94.90 FM), tamén utiliza o 94.40 FM no interior do casco urbano. O director da emisora viguesa, Manuel Outerelo, asegura que o uso da súa frecuencia en Redondela pola radio municipal estalle causando importantes prexuízos, tanto económicos como de difusión, posto que impide que os redondelanos poidan escoitar o seu programación. Ademais, segundo explica, as interferencias afectan tamén ata á parroquia de Chapela e zonas de Vigo como o barrio de Teis. Manuel Outerelo recorda que Antena 5 Radio leva emitindo desde 1996 na frecuencia 94.4 FM, polo que solicita aos responsables da radio redondelana que só utilicen a súa frecuencia oficial (94.90 FM) ou, se queren duplicala, que usen unha que non interfira con outras radios da comarca. O responsable de Antena 5 Radio afirma levar máis dun ano reclamando ao Concello de Redondela unha solución ao problema, pero ante a falta de resposta, recorreu á Secretaría de Estado de Telecomunicaciones.
Dende logo o señor Outerelo xa non sabe que facer para sair na prensa e acadar notoriedade para o seu alegal medio de comunicación. As interferencias que poida provocar a emisora de redondela son normais pola ubicación da propia emisora municipal nun edificio situado no casco urbano, ademáis de que a emisora Antena 5 Radio ten dificultades para dar cobertura nesa zona pola sua propia ubicación. É curioso que Manuel Outerelo se queixe de que lle causan interferencias cando él facía o mesmo intencionadamente a outraemisora local, Radio Piratona 106.0 FM, no ano 2003.
Marzo 29th, 2007 at 2:15 am
Este OP…….. non sabe que facer para ter protagonismo….!!! Xa non me sorprende nada, só sabe ver a palla no ollo alleo, un caso sí.
Xuño 11th, 2007 at 12:36 pm
Alguén sabe donde foi a parar Mari Carmen Etxebarría
Febreiro 2nd, 2008 at 10:36 am
Iste páxaro é un ladrón, a ver se lle paga o que lle debe á xente, que xa hai moitísimos damnificados polas OUTERELADAS.
NUNCA MÁIS
Maio 9th, 2008 at 1:15 pm
Este tío é un sinvergoña de carallo. Pobre do que se lle ocorra arrimarse a el ainda que, dende fai meses, Antena 5 só emite uun ruido. JAJAJAJAJA e iso que as súas cuñas falaban da “radio metropolitana de Vigo”. Menudo fantasma analfabeto. Alguen sabe que pasa con Antena 5? Detiveron por fin a OP? Ou e que é tan inutil que non lle paga nin ao do transmisor??