O anunciado regreso de Eiroa xa é realidade

Setembro 20th, 2006

Despois do fallido intento de Eugenio Eiroa de regresar á radio da man de Manuel Outerelo en Antena 5 Radio na pasada primavera, desta vez sí o conseguíu coa pequena cadena de radio local Si Galicia Radio, rexida por Gabino Porto. Dende o pasado 18 de setembro está en antena no programa Cada Día, un magazine informativo matinal que arranca ás 8 da mañá e fina ás 10 horas.
Leer mais »

A razón porque Televigo se queda sen licenza

Xullo 7th, 2006

Hai un ano aqui en VigoRadio xa o anunciabamos: “Circulaban en Vigo rumores na noite de onte sobre Televigo e os graves fallos que detectados na solicitude presentada ante a Xunta para acceder a unha licencia de TDT“. Agora vía VM, que publica un comunicado do director xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta, nos confirman a razón pola que Televigo fica sen licenza de TDT local e que nós o 6 de xullo de 2005 xa comentabamos.
Leer mais »

Comeza o culebrón coas licenzas de TDT local

Xullo 7th, 2006

Segundo Vieiros, o BNG votou en contra das adxudicacións das televisións dixitais de cobertura local no Consello da Xunta que se celebrou onte. Tanto o vicepresidente, Anxo Quintana, como os conselleiros nacionalistas manifestaron o seu desacordo en que a maior parte das adxudicacións fosen para os grupos Prisa (Localia) e Prensa Ibérica (Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña), deixando fóra a empresas do país. Por outra banda a canle privada local viguesa, Televigo, declara batalla xudicial por non recibir licenza de TDT en Vigo.
Leer mais »

Os beneficiados nas concesións da TDT local

Xullo 7th, 2006

Como apuntabamos onte Prisa (Localia) e Prensa Ibérica (Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña) son os principais beneficiarios no mapa da televisión dixital local. Localia, que concursaba a través de diversas empresas, terá emisión nas sete principais cidades de Galicia e o grupo do Faro de Vigo accede a catro cidades: Ourense, Vigo, Pontevedra e Santiago. Varias emisoras locais que funcionaban de xeito estábel en analóxico, como Televigo, deberán pechar emisión ao non recibir ningunha licenza. En Vieiros explícano máis polo miúdo.

Concedidas as licencias de TDT local

Xullo 6th, 2006

TDT local

O Consello da Xunta celebrado no día de hoxe, aprobou as 49 licencias locais da televisión dixital terrestre (TDT) correspondentes a Galicia repartidas en 21 demarcacións comarcais. Na bisbarra de Vigo resultaron agraciadas as empresas Faro de Vigo S.A.U., Utega S.A. e Rías Baixas de Produción con unha licencia para operar en TDT. Na bisbarra de O Condado foron novamente Rías Baixas de Produción e Josefa López Pousa.
Leer mais »

TVG terá segunda canle antes do 2007

Maio 20th, 2006

Segundo publica Galicia Hoxe, durante a súa comparecencia perante a Comisión de Control da CRTVG no Parlamento de Galiza, Benigno Sánchez, director xeral do ente público, asegurou que a televisión pública galega está a ser sometida a un profundo cambio. Ademais, afirmou que antes da fin de 2006, a TVG disporá dunha segunda canle.

XII Ponte nas Ondas o 26 de maio

Maio 20th, 2006

Ponte… nas ondas! voltará unir as voces dos tres continentes na xornada radiofónica do 26 maio. A fórmula que consolidou a experiencia de comunicación e que lle fixo acredora de dous recoñecementos recentes como o Premio Galicia de Comunicación por parte da Xunta de Galiza e dos Bos e Xenerosos por parte da Asociación de Escritores en Lingua Galega voltará a repetirse nesta XII edición.
Leer mais »

laSexta TV xa emite en Vigo

Maio 13th, 2006

A nova canle privada en analóxico e TDT a nivel estatal, laSexta TV, comezou hoxe a emitir para Vigo dende o Centro Emisor de Abertis Telecom no Meixoeiro, na parroquia de Lavadores, Vigo. Tal e como anunciabamos no seu momento, as emisións son pola canle 50 de UHF, e estas adiantáronse ao previsto ofcialmente para o 19 de maio.
Leer mais »

A Xunta paraliza á radio dixital (DAB)

Maio 13th, 2006

A falta de compromiso das propias operadoras e dos fabricantes no desenvolvemento da tecnoloxía necesaria e a súa lenta introdución no mercado son o argumento fundamental co que a Xunta de Galicia explica a súa decisión de onte de declarar deserto o concurso para a concesión das frecuencias para as emisoras radiofónicas dixitais (DAB).
Leer mais »

O retorno de Eugenio Eiroa

Maio 9th, 2006

Desta semella se-la boa. O ruxe-ruxe que circulaba no último mes pola escena radiofónica viguesa entorno ao regreso do xornalista, conferenciante e blogueiro Eugenio Eiroa (ex-Radio Vigo) ás ondas de radio parece que se confirma finalmente. Así o recolle o confidencial de VigoMetropolitano.com no día de hoxe. Eugenio Eiroa regresa á radio o próximo día 15 de maio enrrolado nesa embarcación sen rumbo e con bandeira pirata chamada Antena 5 Radio.
Leer mais »